"A esmorga"

(Intranet Educativa Municipal)

Fotografía de la noticia

En 1958, Eduardo Blanco Amor volveu a Galicia despois de vintetrés anos de ausencia. Estimulado sen dúbida polo contacto coa terra natal, de regreso a Bos Aires escribiu en poucas semanas "A esmorga" (traducida ao castelán: La parranda (1960)), que ía ser publicada en Galaxia, pero por problemas coa censura franquista acabou aparecendo na editorial bonairense Citania en abril de 1959.

Ésta é unha novela tremendista que emprega a técnica do diálogo telefónico e da redución temporal mediante a presenza dun narrador protagonista que é interrogado por outro personaxe, do cal só temos constancia pola presenza no texto duns guións introdutores.

A aventura narrada ocorreu 90 anos antes da súa narración (...púxenme agora a escribir esta crónica, e coasi corenta anos de tere recollida tan lene documentación e a noventa dos sucesos mesmos). Debido a isto a atmosfera máxica, sen límites, vén dada por unha visión dos feitos que é provocada pola distancia temporal.

Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena é o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude , o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza , o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.

Libros de interese:

  • "Gran enciclopedia galega" Tomo V

  • Galicia Literatura (2002): "La literatura desde 1936 hasta principios del s.XXI: Narrativa y traducción"

  • Couceiro Freijomil, A. (1954): "Diccionario bio-bibliográfico de escritores". Editorial de los Bibliófilos Gallegos. Satiago de Compostela.

Enlaces de interese: