13º Mostra Internacional Gas Natural Fenosa

Image

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC), co obxecto de promocionar e dar visibilidade aos novos valores artísticos, convoca a 13ª Mostra Internacional Gas Natural Fenosa.

Participantes e obras:
Poderán participar artistas de calquera nacionalidade sen máis limitación que as impostas pola legalidade vixente no Estado Español.
Cada participante poderá presentar unha soa obra, realizada empregando calquera técnica ou seguindo calquera procedemento artístico.

Presentación de documentación:
As persoas interesadas deberán remitir o formulario de inscrición, dispoñible na páxina web do MAC antes do 11 de xuño de 2014.

Proceso de selección:

  • Preselección: Tras o peche do prazo de presentación de inscricións, o xurado realizará unha preselección das obras presentadas. O MAC fará pública a preselección durante a semana do 23 ao 27 de xuño de 2014.
  • Selección: De entre as obras recibidas no prazo indicado, o xurado realizará a selección definitiva, cuxo resultado será publicado no sitio web do MAC.

Premios:

  • 1º premio: 15.000€
  • 2º premio: 10.000€
  • 3º premio: 7.000€

As obras seleccionadas pasarán a formar parte dunha exposición colectiva que se celebrará no MAC da Coruña a partir do mes de xullo de 2014