'2017: a violencia de xénero entre adolescentes' concurso escolar

Image
  • O concurso, que está dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios de centros educativos de Galicia, ten como obxectivo que o alumnado participante reflexionen y cren mensaxes claras de freo aos problemas derivados da violencia de xénero entre adolescentes.
  • Os dous bocetos gañadores poderán plasmar estes grafitis en muros destinados a esta fin ubicados en Vigo e Pontevedra e concedidos polos respectivos Concellos.
  • A inscrición no concurso pode realizarse desde o 1 de abril a través das páxinas web de Arela e a Fundación Barrié.
  • Esta iniciativa enmárcase no programa KTORCE -18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA de apoio á infancia e mocidade, que ten como fin achegar a Ley do Menor á comunidade educativa (pais, nais, alumnado e profesorado), e que este ano desenvolverá, baixo o lema 2017: a violencia de xénero entre adolescentes, actividades específicas sobre esta temática orientadas á prevención e intervención real desde os centros educativos.

A Fundación Barrié e a Asociación Arela convocan un concurso de grafiti dirixido aos centros educativos de Galicia baixo o lema 2017: a violencia de xénero entre adolescentes, o cal ten como obxectivo que o alumando participante reflexione e cren mensaxes claros de freo aos problemas derivados da violencia de xénero entre adolescentes, implicando deste xeito á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de manifestación da violencia de xénero.

Pode concursar alumnado matriculado durante o curso 2016-2017 en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios de Formación Profesional en centros educativos de Galicia. Amparados polo seu correspondente centro educativo, poden participar no concurso a través de bocetos de grafitis (en formato papel ou dixital en DIN A3) que contemplen mensaxes claros de freo, reflexión ou concienciación sobre o tema central do concurso.

Os bocetos serán valorados por un xurado integrado por representantes do mundo da intervención no campo da igualdade, colectivos e personas relacionadas co mundo do grafiti, así como representantes da Fundación Barrié, da Fundación Arela e dos Concellos de Vigo e Pontevedra.

Os dous bocetos gañadores poderán plasmar estes grafitis en muros destinados a este fin ubicados en Vigo e Pontevedra, coa colaboración e supervisión dun grafiteiro ou grafiteira de renome de Galicia. Estes espacios son concedidos polos respectivos Concellos.

A inscrición no concurso pode realizarse desde o 1 de abril e ata o 20 de maio a través das páxinas web de Arela (www.arela.org/) e a Fundación Barrié (www.fundacionbarrie.org/) onde poden consultarse as bases completas.

A entrega de Premios celebrarase na sede da Fundación Barrié de Vigo en xuño de 2017.

KTORCE-18

KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA de apoio á infancia e xuventude que tene como fin achegar a Lei do Menor á comunidad educativa (pais, nais, alumnado e profesorado).

Esta intervención preventiva de conductas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas para escolares, así como para pais e nais e a comunidad educativa, achegando a Lei 5/2000 reguladora da responsabilidade penitenciaria dos menores ao público obxecto dela. Esta intervención chegou a máis de 20.000 participantes desde os seus inicios no ano 2012.

De cara a este ano, o programa KTORCE-18 centrarase na intervención a través do lema 2017: A violencia de xénero entre adolescentes levando a cabo actividades específicas sobre esta temática orientadas á prevención e intervención real desde os centros educativos.

Ambas entidades perciben un incremento de problemas entre os adolescentes que fan precisa unha reflexión por parte deles mesmos e dos profesionais da comunidad educativa. Neste caso, trátase dun incremento da violencia de xénero entre os adolescentes. Son moitas as relaciones que se establecen entre adolescentes basadas no control e na perpetuación de estereotipos de xénero.

Desde a Asociación ARELA e a Fundación Barrié, enténdese que estas situacións precisan dunha reflexión por parte de todos (alumnado, profesorado, profesionais da intervención en xeral), favorecendo así a posibilidad de intervención real desde o instituto, por iso a proposta de levar a a cabo unha serie de actividades neste campo nos próximos meses.

O programa KTORCE-18, seguirá tendo o seu eixo fundamental da intervención no contexto escolar na realización de charlas, para o alumnado e profesorado, así como para familias convocadas polos departamentos de Servizos Sociais dos Concellos de Galicia. Esta intervención ten o obxectivo xeral de intentar previr a comisión de feitos delitivos entre adolescentes, así como dar a coñecer o contenido da Lei do Menor á sociedade. As charlas pódense solicitar directamente a través das webs das entidades organizadoras: www.fundacionbarrie.org e https://www.arela.org.

XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS - CHARLA DE MARÍNA MARROQUÍ PARA ADOLESCENTES

O xoves 11 de maio celebrarase na sede da Fundación Barrié de Vigo unha xornada formativa para os profesionais da educación e a intervención social, que ten como obxectivo xerar un espazo de formación, reflexión e intervención sobre a violencia de xénero entre adolescentes. Contará coa participación, entre outros profesionais, de Marina Marroquí, Presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero quien na mesma data dará unha charla a adolescentes sobre esta problemática.

Con estas actividades a Asociación ARELA e a Fundación Barrié queren pór o seu gran de area con motivo de poder xerar cambios de conciencia nesta problemática social.

Máis información en:

Web: www.fundacionbarrie.org

Facebook: https://es-es.facebook.com/fundacionbarriedelamaza/

Twitter: @FundacionBarrie

Web: www.arela.org/

Facebook: www.facebook.com/asociacionarela

Twitter: @AsociacionARELA