Aberto a inscrición das escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Image

A rede autonómica de escolas infantís está integrada por:

As escolas infantís son equipamentos diúrnos que imparten o primeiro ciclo de educación infantil de acordo cos principios e contidos educativos recollidos no currículo do primeiro ciclo de educación infantil.

Qué servizos prestan?
- Atención educativa
- Servizo de comedor
- Horario amplo

Requisitos para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís da rede Autonómica.
Que o neno ou a nena teña a súa residencia en Galicia e xa nacese no momento de presentación da solicitude.

  • Que teña unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso.
  • Que non teña cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2017.

Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

  • c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Cómo se accede ás escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais?

As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo (ata o 10 de abril) establecido na RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017 (DOG 08/03/2017) pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18.

Os impresos de solicitude facilitaranse na páxina http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/escolas-infantis ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
A información relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web: http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos así como nos teléfonos:
012, 981 185755 , 982 294354, 988 386595, 986 817704, 981 545666.

As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 28 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2910, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Opcionalmente tamén poderán presentarse as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible nesta misma páxina ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes de renovación de praza deberán presentarse en soporte papel nas propia escola infantil ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.