Axudas para os servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAS

Orde do 30 de maio de 2017 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2016/17.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases e convocar as axudas económicas destinadas ás asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

As axudas económicas irán destinadas a sufragar os seguintes conceptos:

  1. O custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, entendido como o servizo de comida ao mediodía, así como, se é o caso, a vixilancia e o coidado do alumnado durante o uso do servizo do comedor e o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, durante o curso académico 2016/17.
  2. Os gastos orixinados pola contratación de persoal que desenvolva o labor de atención ao alumnado con necesidades específicas, para o caso de que a contratación deste persoal se realice separadamente.
  3. Os gastos ocasionados pola contratación por parte das asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Acceso ao DOG