Concurso de Fotografía de Viaxes “Viaxarte”

Image

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil convocou a XIV edición do Concurso de Fotografía de Viaxes “Viaxarte”

Se tes entre 15 e 30 anos, tráenos as mellores fotografías das túas viaxes, e poderás gañar unha fantástica viaxe a unha capital europea.Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema de experiencias viaxeiras.

O prazo de admisión de orixinais manterase aberto ata o 4 de setembro ás 13:30 horas

Consulta as bases completas en www.coruna.gal/viaxarte

Máis información no Centro Municipal de Información Xuvenil, no Fórum Metropolitano (R/Río Monelos, 1, A Coruña; teléfono 981 184 294; dirección electrónica cmix@coruna.es e páxina web www.coruna.gal/cmix