Concurso Explícoche Matemáticas 2.0

Image

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado das universidades públicas do estado español, procedentes de titulacións de grao ou máster e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes.

Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

Participantes.

Alumnado das Universidades públicas do Estado Español, procedentes de titulacións de Grao ou Máster, que poderán participar de maneira individual ou en grupos de, como máximo, 3 persoas.

Estudantes de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e de ciclos de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes, en grupos dun máximo de 3 estudantes, coordinados por un profesor/a.

Os proxectos realizados e documentación asociada (ligazón a YouTube, datos de contacto, informe e autorizacións) deberán remitirse ata o 22 de abril de 2017 inclusive ao correo electrónico zmatdeca@usc.es e ao enderezo:

Decana da Facultade de Matemáticas (Explícoche Matemáticas 2.0) Campus Vida,s/n15782-Santiago de Compostela

+info