Establecido o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no DOG a resolución do 25 de setembro de 2017, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos.