Novas funcións escolares no Teatro Colón

Image

Elisa e Marcela (A Panadaría), a historia dunhas mulleres transgresoras que en 1901 protagonizaron o primeiro matrimonio homosexual do Estado, ten fixadas as datas do 18 e o 19 de outubro.

Fillos do sol (Contraproducións & FIOT), unha elucubración sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión por Os Eoas, estará en escena o 15 e o 16 de novembro.

Finalmente, o 29 e 0 30 de novembro e mais o 1 de decembro será a quenda de A cabeza do dragón, de Producións Excéntricas, unha versión libre da fábula homónima da autoría de Valle-Inclán.