Oferta para grupos escolares MAC

Image

Desde o MAC preséntase unha nova oferta para grupos escolares, un conxunto de actividades para o novo curso 2017/2018 dirixido a estudantado de todas as idades.

As actividades que transcorren integramente en espazos expositivos seguen a gañar terreo. En parte porque permiten atender a máis grupos con menos educadores, en parte porque responden mellor a uns horarios cada vez máis apretados, evitando as complicacións técnicas propias dun taller, e en parte porque, de tanto practicar, pódeselle quitar un rendemento educativo insospeitado.

Á marxe disto, a principal novidade da tempada vai ser a maneira de tramitar as socilitudes de participación. En axunto existe un formulario que se cubrirá e enviarase ao Museo.

Podes acceder á información, clicando nos seguintes enlaces: OFERTA e solicitude. E, tamén a través da web do Museo.