Regúlase o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2017/18

Resolución do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2017/18.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2017/18, esta Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2017/18.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2017 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Acceso ao DOG