Novas do Servizo Municipal de Educación

  • Coruña Linguas A Coruña Linguas: Listen and Speak en Primaria

    Temos novas listaxes actualizadas de Listen and Speak. A ficha de solicitude segue aberta para completar grupos e conseguir formar outros nos que aínda non alcanzaron o mínimo.

  • Image A REIM acolle novas actividades musicais e teatrais
    A Rede de Escolas Infantís Municipais dispón dun amplo programa de espectáculos de música e teatro para desenvolver durante este mes. Trátase de actividades impulsadas tanto polo Servizo Municipal de Educación coma por Normalización Lingüística. Tedes a información ao detalle na sección de “Novas” de cada centro.
  • Coruña Saúde Dispoñible o calendario de novembro de Educa Saúde
    Xa podedes consultar no apartado de Educa Saúde desta web o pdf coa información das sesións para familias que se celebrarán durante este mes nos distintos centros participantes.
  • Coruña no Mundo O día 24, reunión informativa sobre o Junior Year
    Os/as estudantes do concello da Coruña que estean cursando 4.º da ESO e que estean en condicións de cursar 1.º de bacharelato durante o vindeiro ano poden optar ás 60 bolsas que concedemos para ir aos EE. UU. O venres 24 ás 19.00 h falaremos disto no CCM Os Mallos.
  • Outros Programas Presenta as túas propostas ao programa “Ao meu xeito!”

    Con esta iniciativa queremos favorecer a participación e o autogoberno dos centros educativos públicos da cidade. Deseñade as vosas propostas e optade ao asesoramento e soporte económico do Concello.

  • Coruña Linguas Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega

    A inscrición neste concurso dirixido aos centros docentes do Concello da Coruña con alumnado de ESO, bacharelato e FP poderá realizarse do 2 ao 17 de novembro.

  • Coruña Linguas A Coruña Linguas: Listen and Speak en Primaria

    Están dispoñibles as listaxes actualizadas de Listen and Speak. A ficha de solicitude segue aberta para completar grupos e conseguir formar outros nos que aínda non alcanzaron o mínimo.

  • Coruña Linguas A Coruña Linguas: Idiomas en Secundaria

    Están dispoñibles as listaxes actualizadas de Idiomas en Secundaria. A ficha de solicitude segue aberta para completar grupos e conseguir formar outros nos que aínda non alcanzaron o mínimo.

  • Coruña Saúde Arrincan as sesións familiares de Educa Saúde
    Hoxe empezan as sesión deste programa educativo nos colexios Curros Enríquez, Anxo da Garda, Fernández Latorre, Sagrada Familia, María Pita, José Cornide Saavedra, Zalaeta, Sanjurjo de Carricarte e Rosalía de Castro. Tamén participan as escolas infantís municipais de Carricanta e Os Cativos.
  • Coruña no Mundo Idiomas do Mundo 2017: Exame DIPLE de portugués

    As persoas participantes no programa Idiomas do Mundo 2017 en Lisboa foron inscritas para realizar a proba oficial de portugués o mércores 29 de novembro no Instituto Camoes de Vigo.