A Coruña de Aventura: "Rutas Urbanas Animadas" e "Itinerarios"

RUTAS URBANAS ANIMADAS

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres até os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas.

Persoas destinatarias : alumnado do último curso (3.º E. infantil) da Rede de Escolas Infantis Municipais; e de educación infantil e 1.º e 2.º cursos de educacion primaria dos CEIP do concello da Coruña.

Máis información no libro dixital

ITINERARIOS pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

Persoas destinatarias: Alumnado desde 3º a 6º de primaria, de secundaria e bacharelato dos centros escolares do municipio.

Máis información no libro dixital

Período de realización: durante os meses de abril a xuño de 2018