A Coruña no Mundo: ACOREUROPA VI

Unha vez rematado o prazo de reclamacións e ao non haber ningunha alegación, o Servizo Municipal de Educación ven de publicar a listaxe definitiva das personas seleccionadas na primeira convocatoria do programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI.

A relación inclúe tanto a puntuación obtida por cada persoa candidata e o orde acadado tendo en conta dita puntuación e que se terá en conta posteriormente para a elección de destinos.

Xunto coa relación de persoas seleccionadas fanse públicas tamén as listaxes de agarda e de persoas excluídas.

Convócase as persoas seleccionadas a unha reunión que terá lugar o próximo martes, 20 de xuño, ás 12 horas, na sede da Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña, sita na rúa Orzán, 21.

Para máis información, no correo electrónico educacion@coruna.es ou chamando ao teléfono 981 184200, extensión 12114.