A Coruña no mundo: Idiomas do Mundo 2017

Cónvócase ás persoas que participaron no programa educativo "Idiomas do mundo 2017" con destino a Irlanda e Francia e ás súas familias a unha recepción co Alcalde e a Concelleira de Xustiza Social e Coidados o martes 26 de setembro ás 19:30h no Pazo Municipal de Mª Pita, con motivo de entrega dos certificados de idiomas acadados no devandito programa.

Prégase puntualidade.

As persoas que NON poidan asistir, agradecémoslles que o comuniquen ao Servizo Municipal de Educación, por teléfono (981 184 200 ext: 12038 ou 12047) ou por correo electrónico (educacion@coruna.es).