A Coruña no Mundo - Proxecto ACOREUROPA

O Concello da Coruña ABRE DO 1 AO 18 DE FEBREIRO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN na segunda convocatoria do programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI para a adxudicación de 14 bolsas para que titulados/as de ciclos medios de FP podan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia.

O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados.

O programa está dirixido a persoas tituladas en ciclos medios de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2017 e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIF Someso, IES A Sardiñeira, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, CPR Cruz Vermella, CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo La Paz.

A inscrición abrirase do 1 ao 18 de febreiro na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica do programa e presentando a documentación esixida en calqueira dos rexistros municipais, ubicados no pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, calqueira tíitulo oficial de idiomas.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)

Na propia web existen modelos dos documentos, para facilitar a súa cumplimentación.

O proceso de selección das persoas participantes está previsto que se desenvolva durante os meses de febreiro e marzo para que as seleccionadas podan facer as súas prácticas formativas durante os meses de maio a agosto de 2018. Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros.