A Coruña Tardes

Programa de ocio educativo (POE) en 18 CEIP, para 1 157 escolares inscritos, repartidos en 80 grupos dos seguintes obradoiros:

· Eureka!

· Enxebre

· Escola de actores

· Feito a man

· O ritmo do son

Deporte no centro en 21 CEIP e 2 CEE, con 132 actividades deportivas para 1 893 escolares inscritos, atendidos por 72 monitores/as deportivos/as. Nas seguintes modalidades deportivas:

· Para E. Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I), xogos de taboleiro, xogos tradicionais (I) e xogos de capoeira.

· Para 1.º e 2.º curso de E. Primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II), prexadrez, xogos tradicionais (II) e a ritmo de capoeira.

· Para 3.º a 6.º curso de E. Primaria: multideporte (I), baloncesto (I), balonmán (I), fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aerobic (I), patinaxe (I), hóckey a patíns (I), xadrez (I), ximnasia artística (I), capoeira (I), deportes alternativos (I) e, como novidades, voleibol (I), esgrima (I) e hóckey sala (I).

· Para E. especial: deporte adaptado e baile adaptado.

Luditarde no CEIP Ramón de la Sagra, con 57 escolares inscritos, atendidos por 4 monitores/as.

Novas inscricións: unha vez comezados estes programas, poderá haber altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo e no tramo de idade que se solicita.

Consúltao na ANPA do centro escolar!

Programa A Coruña Tardes