Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega

Image

Do 2 ao 17 de novembro manterase aberto o prazo de inscrición para participar no VI Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega 2017, dirixido aos centros docentes do Concello da Coruña con alumnado de ESO, bacharelato e FP. Poderedes apuntarvos a través da ficha de inscrición.

Nas mesmas datas tamén poderedes inscribirvos no II Obradoiro de Introdución á Interpretación de Monólogos Cómicos, de 4 horas de duración, que se vai celebrar no Ágora o sábado 25 de novembro, de 17 a 21 h, e que será impartido polo actor e guionista Víctor Grande. A participación é voluntaria e a inscrición, de balde.

Máis información

Servizo Municipal de Educación

981 184 200 ext. 12038

educacion@coruna.es