Idiomas do Mundo 2017

Image

IDIOMAS DO MUNDO 2017. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN do 10 ao 28 de abril de 2017.

O programa “Idiomas do mundo 2017” ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2017 (preferentemente en xuño), en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

INSCRICIÓN:

O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre sobre o/a participante, e a documentación do expediente deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo. Modelo de "Solicita" para entregar no rexistro.

A documentación presentarase nun sobre pechado. No anverso do mesmo deberá constar o nome e apelidos do/a alumno/a solicitante e o seu enderezo. A instancia que acompañe o sobre coa documentación deberá de estar encabezada pola/o alumna/o solicitante e dirixirse ao Servizo Municipal de Educación.

Acceso ao Libro Dixital