Idiomas do Mundo 2017: Exame DIPLE de portugués

As persoas participantes no programa Idiomas do Mundo 2017 en Lisboa foron inscritas para realizar a proba oficial de portugués o mércores 29 de novembro no Instituto Camoes de Vigo.

LUGAR E HORARIO DO AUTOBÚS:

  • PUNTO DE ENCONTRO: explanada do Pazo dos Deportes de Riazor (xunto ao estadio).
  • HORARIO DE SAÍDA: 7:00 h.
  • HORARIO APROXIMADO DE REGRESO: 20:00 h.

O DÍA DO EXAME: o exame durará todo o día, así que recoméndase que as/os estudantes leven o seu propio xantar. Tamén é necesario un bolígrafo, tipp-ex… para a realización do exame.

DOCUMENTACIÓN: deben levar o seu DNI para poder realizar o exame.

ANTES DO EXAME: pódense realizar simulacións do exame DIPLE (Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira) no seguinte link: http://caple.letras.ulisboa.pt/pages/view/27

MONITOR/A ACOMPAÑANTE: os/as estudantes estarán en todo momento acompañados/as por un/unha monitor/a de New Link, que facilitará ás familias o seu contacto.

Máis información:

- Almudena Bellido. Tfno.: 974 231 922 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h)

- “Call center” 24 horas: 910 830 627