O programa Colexio Aberto ao Barrio ampliase a máis centros durante o verán

O programa Colexio Aberto ao Barrio, enmarcado no programa municipal Coruña Próxima, amplíase a máis centros durante o período estival.

Os patios dos centros de Educación Infantil e Primaria Raquel Caamacho, Juan Fernández Latorre, Alborada, Sanjurjo de Carricarte e Manuel Murguía permanecerán abertos a partir do sábado 14 de xullo, de luns a domingo, en horario de 18:00h a 21:00h. Neles, os nenos e nenas poderán gozar de xogos populares e tradicionais, xogos pre-deportivos, danzas do mundo e competicións deportivas.

O acceso é libre e non require inscrición previa.