Presenta as túas propostas ao programa “Ao meu xeito!”

Image

Este programa educativo municipal, dotado con 100 000 euros, vai destinado a escolas infantís municipais (EIM), colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP), centros de Educación Especial (CEE), centros integrados de Formación Profesional (CIFP), institutos de Ensino Secundario (IES), conservatorios de danza (CDAN), conservatorios de música (CMUS), escolas de arte (EASD), centros públicos de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) e escolas de música (ESMU).

As accións poden ser propostas por calquera membro da comunidade educativa, co apoio do Consello escolar, e consistirán no inicio dun proceso participativo para implicar a comunidade educativa na marcha e mellora do centro ou ben na realización de actividades educativas complementarias ou extraescolares. Enviádeas por correo electrónico a educacion@coruna.es antes do 10 de novembro deste ano.

Máis información