VII Festival CinEOI Coruña Curtas: terá lugar os días 26 e 27 de abril.

Image

Na xornada do mércores 26 proxectaremos todas as curtas presentadas a concurso, e a curta realizada polo alumnado do Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego. Haberá unha sesión de mañá e outra de tarde.

O xoves 27 de abril ás 20h celebraremos a gala de entrega de premios do concurso na aula magna da Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

Será unha gala coa que clausuraremos a sétima edición dun proxecto no que se une o audiovisual, o ensino e a lingua galega.

A entrega de premios estará presidida polo actor Monti Castiñeiras e a actuación musical de 'Blues do País'.

MÁIS INFORMACIÓN:

http://edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educacion/concurso_vii_festival_cineoi_coruna_2017

CONTACTOS:

Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto. Técnica de Educación. Ext 12038. a.judel@coruna.es

Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña

Anabel Fernández, Coordinadora do Festival.T: 981 279 100

Correo-e: endl.corunha@gmail.com

Facebook: ENDL A Coruña/ENDL da EOI da Coruña

Canle Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC1bFWvhVW154ZfnzCm-lDDw