XXII Día da ciencia na rúa

Image

O próximo sábado 6 de maio de 11 a 19 h. celebrarase a XXII EDICIÓN DO DÍA DA CIENCIA NA RÚA, que cada ano anima a participar a máis centros escolares así como a outras entidades e institucións que desenvolven a súa actividade ao redor da ciencia.

Da man de estudantes e profesorado de centros educativos, poderase xogar, aprender e participar nunha gran variedade de experiencias científicas, convidando así a despertar a curiosidade pola ciencia.

Nesta edición contarase con 49 jaimas, que ademais da organización serán ocupadas por IES, centros privados, escolas infantís, universidades e entidades colaboradoras como Repsol, Muncyt ou Emalcsa e o Servizo Municipal de Educación en colaboración ca Federación de AMPAs de centos públicos, con “Pequeciencia”.

Levaranse a cabo grande variedade de actividades paralelas como poden ser pasarrúas pola cidade, un parque infantil, espectáculos de maxia, xogos para todas as idades (avións de papeis, carreiras de caracois, carreiras de globos, a rá, pesca, Torre, enrrollando a corda, fundir cubitos de xeo, etc), graffiti,papiroflexia, xadrez) e un paseo polo parque a cargo de Medio Ambiente, ademáis do xa tradicional xogo por equipos “Cocacoleando”

Nesta ocasión a moeda oficial exclusiva para esta xornada serán los "EMES"(Maria Wonenburger Matemáticas)

Trátase dunha ocasión para participar e desfrutar con todos os experimentos, experiencias e xogos que se propoñen ao conxunto da cidadanía.

Os Museos Científicos Coruñeses, celebrarán tamén ese día con actividades especiais e con xornadas de portas abertas nos tres museos, no Muncyt, no Castelo de San Antón e na Torre de Hércules

Máis información: www.amigoscc.es