Punto final do ferrocarril desde 1935

A estación de San Cristovo

(Canal Voz Canal Voz)

Fotografía de la noticia A estación de San Cristovo / La Voz de Galicia / X.C.

Trátase dun edificio que foi acabado en 1935, cuxo autor foi Antonio Gascué Echeverría. É de estilo neorrománico dentro do movemento da chamada arquitectura de pastas. A estación de tren está realizada en granito, aceiro e vidro e a súa planta ten forma de L.

Destaca ao chegar á estación se ves en tren, que as vías están cubertas por unha estrutura metálica de grandes luces, con 11 arcos escarzanos sobre soportes de fundición roblonados. Ser unha estación terminal permitiulle contar con ese gran espazo cuberto no que aínda hoxe en día a xente espera a chegada dos trens.

O edificio administrativo está situado en paralelo ás vías, lugar ademais de acceso dos viaxeiros desde a cidade. A fachada do edificio está pechada con grosas pezas de granito sen desbastar, que no caso da fachada norte, a que se pode ver desde a ronda de Outeiro, están colocadas de maneira almenada, ademais da torre de reloxo colocada na esquina do solar.