O Nadal no mundo

Descubre como se celebra o Nadal e as festas de Noitevella noutros países!

Image

Filipinas é o país do mundo no que o Nadal dura máis tempo, xa que comeza no mes de setembro. Neste país non decoran nunca o interior das súas casas durante estas datas, só as rúas.

En Irlanda, teñen como tradición colocar unha vela branca na entrada da casa ou nunha ventá, que é prendida o día de noiteboa polo neno máis pequeno da casa

En Ucrania, teñen unha máxica costume, o comezo das ceas de celebración do nadal non as marca unha hora específica, senon que, en canto é visible a primeira estrala poden comezar a cear.

En Alemania, os nenos deixan as súas cartas nas ventás e están dirixidas a Christkind, unha figuara alada que distribúe regalos. A noite de Nadal os nenos poden ir a recoller os seus agasallos debaixo da árbore en canto soa unha campana, que está colocada tras a porta do salón da casa. Pero non pode abrir os seus relagos até que canten a tradicional panxoliña de 'Noite de Paz'

Parecida é a tradición de Letonia.Neste país, despois da cea de noiteboa, cada persoa recolle os seus agasallos da árbore de nadal, pero non poden abrilos atá que reciten un poema.

En Bélxica, existe a tradición de que toda a familia vaia patinar aos ríos xeados despois da comida de Nadal. Neste país, chaman San Nicolás a Papá Noel, e non reparte os agasallos o 24 como a nos, senon que, o 4 de decembro visita aos nenos para comprobar que foron bos e dous días máis tarde reparte os agasallos e caramelos a aqueles que se portaran ben e deixa unha ramiña no zapato aos que foron máis túzaros.

En Polonia o belén tradicional inclúe títeres, algo único no mundo. No pesebre hai un pequeno escenario teatral para as marionetas. En Noiteboa toda a familia se reúne para cear e como é tradicional, en todas as mesas se coloca un prato a maiores do número de convidados

En Italia aos nenos, os xoguetes trainos o 24 de decembro pola noite Papá Noel e o 5 de xaneiro traillos unha bruxa boa chamada "befana" que voa sobre os tellados montada nunha basoira

O nadal do Reino Unido sin o tradicional mórdago non sería o mesmo. Protexe contra os demonios e trae a sorte aos fogares. Segundo a tradición, as parellas que se paren baixo o mórdago débense dar un bico.

Os finlandeses están moi cerca de onde vive Papá Noel, xa que cren que vive na zona norte do país, nunha rexión chamada Korvatunturi, que queda ao norte do Círculo Ártico. É por esa razón que moitas cartas dirixidas a Papá Noel son enviadas a Findlandia.

Nas montañas do Caurel, en Galicia, o 24 de decembro baixa das montañas un vello carboeiro a apalparlle as barriguiñas aos nenos das aldeas para asegurarse de que os nenos non pasan fame. Este personaxe é coñecido como o Apalpador e é o encargado de levarlles unha presa de castañas aos nenos durante o Nadal.

Como se celebra o aninovo noutros países?

Image

Na India celébrase o Novo Ano catro veces, unha por cada estación. A que corresponde ao nadal é a Diwali, que é o inicio do outono, e é a máis importante. Segundo as súas crenzas, os deuses outorgarán boa sorte a todas as familias que decoraran as súas casas con luces. Os nenos realizan dipas ou unha especie de lámparas de arcilla que deben permanecer prendidas se queren recibir agasallos

En Italia a última noite do ano, "Notte di Capodanno", é típico comerse un prato de lentellas antes de saír para ter sorte todo o ano. En Roma y Nápoles,ao chegar as doce da noite, tiran os trastos vellos para comezar o novo ano con bo pé.

Parecida é a tradición de Guatemala da "Queima do Diaño" na cal queiman todo aquelo que non usan para alonxar o 'malo'

En Chile, tamén realizan algo parecido, cada familia queima un boneco que fixeron con anterioridade. Isto simboliza o ano vello e os malos momentos.

En Perú,en noitevella usan roupa interior amarela, en lugar do vermello que se usa en España, como amuleto de boa sorte.

En Colombia teñen varias tradicións para esta noite: toman un grolo da copa de champaña que sosteñen coa man dereita, comen doce uvas mentres piden por cada unha un desexo, dan a volta á mazá cunha maleta, visten roupa interior amarela, bican a unha persoa do sexo oposto, miran o futuro nun ovo, botan as cartar, 'len' o futuro nunha pataca pelada, reparten espigas e cantan panxoliñas toda a noite

Grecia,en noitevella toda a familia come o rosco de San Basilio, unha especie de bola similar ao noso Roscón de Reises, dentro del, hai escondida unha moeda, que lle dará sorte a aquel que a atope.

China non ten o mesmo calendario que os países occidentais. O ano novo ven definido polo calendario lunar, e cada ano é representado por un animal.

Sabes que hai países nos que o nadal é en verán?

Argentina,é un deles. É curioso que na cea de nadal, non é o anfitrión o que cociña a comida, senon que, cada convidado aporta un dos pratos que se comerá durante a cea de noiteboa.

Outro país que coincide o nadal en verán é Australia,e a súa celebración é moi diferente por iso. Moitas persoas realizan a cea de noitevella na praia. Unha das praias favoritas é Bondy, en Sydney

En Chile o Nadal chega nas datas nas que os nenos acaban de rematar o curso escolar. Neste país o que reparte os agasallos entre os nenos é o Pascueros. Pero, en nadal só se fan agasallos para os nenos, mentras que no Ano Novo, temén o reciben os adultos.

Onde non se celebra o nadal?

O Nadal é unha festa católica, polo que a tradición xudía non a celebra, pero durante o mes de decembro, coincidindo coas datas de nadal teñen a celebración do "Jánuka", unha festividade xudía na que os nenos reciben os seus agasallos

Para saber máis:

Amplía esta información nas seguintes ligazóns:

- Navidades interculturales: información sobre o nadal no mundo y recursos educativos para traballar a interculturalidade nestas datas.

- Las navidades alrededor del mundo na web de Bolsa de Mujeres.

- Tradiciones navideñas en España e outros países: a árbore, o aguinaldo, a cesta de nadal, el belén, etc.

- O nadal en Galicia. Costumes e tradicións do nadal