A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

A EIM Monte Alto foi unha das gañadoras do concurso de proxectos de Educación Vial da DGT

Image

Para pontenciar a Educación Vial nos Proxectos Educativos dos centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial, así como unha modalidade de Teatro para persoas con discapacidade, a DGT convocou a IV edición do Concurso de Proxectos de Educación Vial.

Na modalidade de Proxectos, os gañadores foron: IES Isidra de Guzmán (Alcalá de Henares. Madrid), IES Francisco Daviña Rey (Monforte, Lugo), Escola Infantil Municipal Monte Alto (A Coruña), CEIP José Mª de la Fuente (Pozuelo de Calatrava. Ciudad Real) e CEIP Pintor Pedro Flores (Murcia).

Para ver outros premios e accésits:

http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/tablon-de-anuncios/