"O Vagalume da Torre", ¿Qué pasaría se desaparecese a Torre de Hércules?

(Intranet Educativa Municipal)

Image

No marco da Escola-Taller “Contorna Torre de Hércules”, a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello da Coruña desenvolve este orixinal proxecto de dinamización turística para poñer en valor a Torre de Hércules.

¿Qué pasaría na Coruña se desaparecese a Torre de Hércules? Partindo desta ficción,“O vagalume da Torre” é un programa de participación social no que os nenos e nenas de 6º de primaria de tódolos colexios de Coruña serán protagonistas na recuperación da nosa Torre con obradoiros de pintura e sombreiros, convocatorias de mail-art e sendo xornalistas no blog http://ovagalumedatorre.es

PROXECTO “O VAGALUME DA TORRE”

  • Fundamentación

¿Qué sucede cando se perde algo que se quere? É o momento en que verdadeiramente bótase en falta e se lle da o valor que merece. Ésta é a situación da que queremos partir no noso proxecto para a posta en valor da Torre de Hércules.

¿Qué pasaría se a perdemos?

- Por unha parte, botaríamo-la en falta e entenderíamos todo o que significa.

- Por outra, xurdiría un movemento para a súa recuperación.

  • Obxetivos

- Pedagóxicos (Ed. Primaria): educación en competencias: capacidade de comunicación, expresión de sentimientos e emocións; coñecemento do medio; responsabilidade cidadá; iniciativa persoal.

- Valoración do patrimonio histórico que representa a Torre de Hércules como signo de identidade.

  • Destinatarios

Tódolos colexios públicos de Educación Infantil y Primaria de Coruña (alumnos de 6º curso) e algunas asociacións da cidade (Down Coruña, Gamelán, CUAC FM…)

  • Metodoloxía

Desenvolvemento de actividades lúdico-educativas sobre a Torre de Hércules centradas na participación dos nenos e nenas, realización dun obradoiro de pintura da Torre a cargo do pintor galego Raúl Velloso e visitas teatralizadas á Torre de Hércules.

¿Cómo se participa no Blog?

1. Entra no blog: http://ovagalumedatorre.es

2. Comenta os diferentes artigos directamente.

3. Entra no rexistro do panel de administración e elixe o teu nome de usuario. Enviaráseche un contrasinal ó teu correo electrónico para que podas accede-la aplicación de Word Press e co teu nome de usuario e o teu contrasinal, poderás escribir artículos ou comentalos.

4. Se o prefires, tamén podes mandarnos un e-mail a nosa dirección ovagalumedatorre@gmail.com

5. P.D. Non te preocupes se non aparece o que escribes directamente. Todo o que envíes ten que ser aceptado polo equipo pedagóxico de xestión de O Vagalume da Torre.

O proxecto “Contorna Torre de Hércules”

O proxecto “Contorna Torre de Hércules” consiste na recuperación medioambiental da contorna da Torre de Hércules.

Dentro do proxecto preséntanse dúas zonas claramente diferenciadas. Por unha banda atopámonos coa zona do “Campo da Lagoa”, a carón da praia das Lapas e por outra banda sitúase o parque de Punta Herminia.

Podemos diferenciar dous xeitos de actuación:

- Acondicionamento medioambiental do “Campo da Lagoa”

- Mellora medioambiental do “Parque de Punta Herminia”

A primeira actuación desenvólvese no “Campo da Lagoa”, con actuacións encamiñadas a consolidar as condicións paisaxísticas da contorna natural.

Na segunda zona de actuación “Parque de Punta Herminia” realizaranse melloras que completen a contorna da Torre de Hércules.






Identificación

Marzo 2010

<<   >>
L M M J V S D

1

2

3

4 5

6

7

8

9 10 11 12 13

14

15

16

17 18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

 

Aula virtual

Fotogalería