| << | >> | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| L | M | M | J | V | S | D |
1 |
2 |
3 |
4 | 5 |
6 |
7 |
8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 |
15 |
16 |
17 | 18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
Anuncios destacados
Programa Educativo Vigozoo 2010
Vigozoo presenta o Novo Programa de Actividades Educativas para o ano 2010, que como tódolos anos, oferta moitas opcións de visita e actividades.
No seu novo programa de actividades dirixidos a centros escolares e grupos organizados manteñen a dinámica e os obxectivos de mostrar a importancia da conservación da biodiversidade en todas as súas facetas.
Destaca a nova actividade de campamentos organizada polo Departamento de Educación, dirixida a grupos reducidos de escolares, onde trasladan a experiencia positiva das actividades de verán ás aulas: dous días de actividades pernoctando no propio parque.
Tamén aumentan as opcións na realización de obradoiros complementarios á visita guiada, adaptándoos ao tamaño e ao nivel educativo do grupo.
Na páxina web:
na sección de "aula educativa", atoparedes información máis completa, enquisas, unidades didácticas, etc.
Non esquezades visitala!




